© Fundación Alejandro de la Sota
Vía CGAC.
Comisario/a: Moisés Puente
Transcorridos cen anos desde o nacemento de Alejandro de la Sota (Pontevedra 1913 - Madrid 1996), o CGAC acolle unha exposición organizada pola Fundación ICO en colaboración coa Fundación Alejandro de la Sota, na que se reflexiona sobre a súa figura, a súa obra, o seu maxisterio e, o que parece máis pertinente, sobre a actualidade do seu legado.
Alejandro de la Sota é probablemente o arquitecto moderno español que máis paixóns levantou. Á súa figura mítica de arquitecto cunha firme posición ética ante a profesión e un discurso lóxico e directo, hai que sumarlle unha das traxectorias máis intensas e coherentes da historia recente da arquitectura española. A pesar de que as nosas circunstacias non son as súas, o seu legado continúa estando aí, listo para facer uso del. Calquera lectura que fagamos hoxe da súa obra debería pasar de xeito obrigado pola súa actualización, quizais tamén pola súa desmitificación, por facer nosa a súa maneira tan singular de facer esa arquitectura que, como el sostiña, debería de escribirse cun a minúsculo.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario